miércoles, 23 de noviembre de 2011

Un doodle brillante.

Google sorprendenos hoxe cun doodle xenial.
Basado nas novelas fantasticas de Stanislaw Lem, e cunhas ilustracions de Daniel Mróz, trata sobre o dialogo entre o home e a máquina, presentanos unha serie de probas matemáticas e de sincronización que deberemos pasar para acadar o resultado final, un robot un tanto especial.
Convidamosvos a que o fagades e por se chegades tarde para podelo facer vos mesmos, deixovos o video.


http://www.diariosur.es/20111123/mas-actualidad/tecnologia/stanislaw-desafia-google-doodle-201111230907.html



Espero que vos guste.

martes, 22 de noviembre de 2011

NOVIDADE Rally "Serra da Groba"



O 25 e 26 de novembro os esperamos en Baiona na primeira edicion do rally "Serra da Groba", non faltedes....

viernes, 18 de noviembre de 2011

¿Aínda nada?


Hola a todos! A nosa primeira pescuda vai dun libro adicado aos nenos e nenas de educación Infantil. Aínda que a calquer adulto lle caería a baba con él. (Alomenos a nos caenos)
Falovos do libro "Ainda nada?" da editorial Kalandraka.
Trata o tema da paciencia, do tesón e a natureza, e faino con toda a dozura coa que se pode coidar dun gromo.



A sinópsis:

O protagonista deste relato sementa algo na terra. Agarda un día tras outro, baixo a expectante mirada dun paxaro, co desexo de ver crecer a flor que nacería dun granciño. Aínda nada?, preguntábase cada mañá, ao ver que da semente non daba agromado ningunha pranta, ata que un bo día... “Ainda nada?” é un sinxelo texto que garda unha gran mensaxe: o descubrimento da paciencia e da virtude da perseverancia para recoñecernos no mundo. A través do proceso do nacemento e do crecimento dunha semente, Christian Voltz constrúe unha metáfora da vida mesma, coas súas satisfaccións e frustracións.


As ilustracións están feitas dun xeito moi especial, con teas, alambre... o autor e ilustrador ten outros contos dignos de ler e desfrutar, como "Eu non fún".


¿Cómo é?

De mañá, ben cedo, o señor Luís cavou un burato enorme na terra. Neste burato enorme o señor Luís deixou caer un granciño cheo de promesas. Despois, o señor Luís volveu tapar o enorme burato e saltou enriba del con todas as súas forzas para pisar a terra. Despois, o señor Luís regou ben a terra coa súa regadeira...


Esperamos que vos guste e vos animedes a lelo os que inda non o teñades lido.

Saúdos!