viernes, 18 de noviembre de 2011

¿Aínda nada?


Hola a todos! A nosa primeira pescuda vai dun libro adicado aos nenos e nenas de educación Infantil. Aínda que a calquer adulto lle caería a baba con él. (Alomenos a nos caenos)
Falovos do libro "Ainda nada?" da editorial Kalandraka.
Trata o tema da paciencia, do tesón e a natureza, e faino con toda a dozura coa que se pode coidar dun gromo.



A sinópsis:

O protagonista deste relato sementa algo na terra. Agarda un día tras outro, baixo a expectante mirada dun paxaro, co desexo de ver crecer a flor que nacería dun granciño. Aínda nada?, preguntábase cada mañá, ao ver que da semente non daba agromado ningunha pranta, ata que un bo día... “Ainda nada?” é un sinxelo texto que garda unha gran mensaxe: o descubrimento da paciencia e da virtude da perseverancia para recoñecernos no mundo. A través do proceso do nacemento e do crecimento dunha semente, Christian Voltz constrúe unha metáfora da vida mesma, coas súas satisfaccións e frustracións.


As ilustracións están feitas dun xeito moi especial, con teas, alambre... o autor e ilustrador ten outros contos dignos de ler e desfrutar, como "Eu non fún".


¿Cómo é?

De mañá, ben cedo, o señor Luís cavou un burato enorme na terra. Neste burato enorme o señor Luís deixou caer un granciño cheo de promesas. Despois, o señor Luís volveu tapar o enorme burato e saltou enriba del con todas as súas forzas para pisar a terra. Despois, o señor Luís regou ben a terra coa súa regadeira...


Esperamos que vos guste e vos animedes a lelo os que inda non o teñades lido.

Saúdos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario